Trépia
  • Asociación
    • Quen somos
    • Calendário A.C.Trépia
    • Estatutos e actas
    • FAI-TE SÓCI@!
    • Preguntas frecuentes
    • Programa de colaboradores
    • Tenda
    • Contacto
  • Actividades
    • Ciclo de nadal
    • Ciclo das labradas
    • Monográficos
    • Presenta o teu proxecto
  • Escola
    • Aulas / inscricións
    • Profesorado
    • Brinquedos
    • Protocolo Covid-19
    • Horários curso 2020-21
  • Bitácora
  • Factoria Trépia
    • SUáN
    • Manüele ...de pandeireta e canto tradicional
    • Projecto [trepja]
TrépiaTrépia
  • Asociación
    • Quen somos
    • Calendário A.C.Trépia
    • Estatutos e actas
    • FAI-TE SÓCI@!
    • Preguntas frecuentes
    • Programa de colaboradores
    • Tenda
    • Contacto
  • Actividades
    • Ciclo de nadal
    • Ciclo das labradas
    • Monográficos
    • Presenta o teu proxecto
  • Escola
    • Aulas / inscricións
    • Profesorado
    • Brinquedos
    • Protocolo Covid-19
    • Horários curso 2020-21
  • Bitácora
  • Factoria Trépia
    • SUáN
    • Manüele ...de pandeireta e canto tradicional
    • Projecto [trepja]

ASOCIACIÓN CULTURAL TRÉPIA

DENDE O 2008 PONTEVEDRA
ESCOLA - ACTIVIDADES - INVESTIGACIÓN - MESTURA


Fornecer á nosa tradición cultural de novas ferramentas e mecanismos que permitan a sua pervivéncia no futuro.
Sabendo que o entorno sócio-cultural no que esa tradición naceu e se desenvolveu esmorece a pasos axigantados, o único xeito de supervivéncia cultural pasa por atopar novos contextos onde a nosa música e baile se poidan seguir desenvolvendo. O proxecto artístico inicial chamou-se Projecto Trépia, cunha proposta escénica na que se conxugaron música e baile tradicional (con repertório clásico e outro de nova creación) con programacións de electrónica e proxeccións de vídeo. A proposta foi moi exitosa, recibindo vários recoñecimentos no 2008, 2009 e 2010 (GalizaCrea, XuventudeCrea, FestiMadTaste...). Actividades como a Aña Urbana (que leva o repertório de cantares e danzas relacionados coas labradas e os traballos do campo á cidade) supuxeron tamén un grande éxito de convocatória, e todo un referente para a difusión da cultura tradicional no ambiente urbano. Hoxe imos xa camiño da 8ª edición e a Aña Urbana converteu-se nunha data de referéncia e un punto de encontro para a cultura tradicional na cidade de Pontevedra. Ademais, organizamos outras actividades de difusión sobre o ciclo de nadal (cantares e danzas de nadal e reis), entroido, maios, etc., alén doutras actividades de carácter formativo, como cursos monográficos, charlas e conferéncias.

ACTIVIDADES

DURANTE O CURSO

Ao longo do ano a asociación desenvolve diferentes actividades fóra da escola, que procuran a difusión e recuperación de moitas tradicións vencelladas ao ciclo do ano. Asi pois, comezamos o curso en pleno ciclo do outono (esfolladas do millo, magostos, etc...), continuamos cos cantares e danzas de nadal e reis -no ciclo de nadal-; e entrada a primavera comezamos o ciclo das labradas (cantares de arada, sementeira, etc...) que remata coa celebración da Aña Urbana cara a finais do mes de abril.
E ADEMAIS...
A asociación tamén participa e colabora con outros colectivos en diversos eventos: outros magostos, foliadas, seráns, actuacións dos grupos da asociación, etc... Temos participado vários anos na Romaria do Raigame (Vilanova dos Infantes) e en festivais doutros grupos, como Muiños de Oliveira (Ponteareas) e Retrouso (Cela). Podes ver o historial e álbumes de imaxes destes eventos na sección BITÁCORA desta web, e tamén nas redes sociais.
  • Ciclo de nadal (Novembro -Xaneiro)

  • Ciclo das Labradas (Abril - Maio)

  • Ciclo de outono (Outubro - Novembro)

Didácticas aplicadas

A equipa do profesorado da escola está dispoñibel para ofrecer cursos, concertos e charlas didácticas en centros educativos ou asociacións de calquer tipo que o soliciten.

Teñen tido grande acollida sesións como "A aña e as labradas" en centros de secundária, ou os mini-cursos de introdución à cultura tradicional en educación primária.
Tamén, por suposto, concertos didácticos adaptábeis a calquer formato e idades.

Escribenos, estamos encantadas de poder axudarche

Solicitude de didáctica
*Consultar dispoñibilidade da equipa

Proxectos


Calquer sócio/a (ou grupo de sócios/as) pode apresentar un proxecto a desenvolver na Asociación. O proceso comeza apresentando o proxecto na Asemblea Xeral de Sóci@s, que o terá que valorar e aprobar. No proxecto debe-se incluir unha breve descrición do proxecto e os seus obxectivos, un calendário inicial de aplicación, a relación de equipas de traballo que serían necesárias en princípio, e unha proposta inicial de custes e financiamento (non necesariamente detallada). Unha vez superado este trámite de apresentación, o proxecto pasará a unha segunda fase na que a Xunta Directiva analisará xunto coa(s) persoa(s) promotora(s) aspectos como a viabilidade loxística, económica e do calendário de aplicación. Unha vez detallados todos os puntos, redactará-se o proxecto final e pasará-se à terceira fase, na que se desenvolverá o proxecto conforme ao calendário aprobado.
3 pasos sinxelos para apresentar proxectos.
  • Redacta un proxecto inicial e presenta-o na Asemblea Xeral.
  • Detalla coa Xunta Directiva os pormenores para redactar o proxecto final.
  • Convocade as equipas de traballo e poñede en marcha o proxecto.

PRESENTA
A TUA PROPOSTA

Podes achegar à Directiva o teu proxecto inicial antes de levá-lo à asemblea, se precisas algo de axuda ou información durante a etapa inicial; ou tamén se xa o tes e queres poñe-lo en coñecemento da Asociación para incluí-lo na orde do dia da seguinte asemblea.
ENVIAR PROPOSTA DE PROXECTO
*ABERTO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
  • Como facer-se sóci@
  • Contratación
  • Publicacións e merchandising
  • Estatutos
  • Actas
  • Baixas
  • Como facer-se sóci@

    Para participar activamente na toma de decisións e ter acceso aos descontos e promocións dirixidas exclusivamente a sóci@s (tanto na escola da asociación como en cursos e outras actividades puntuais).
    Como sóci@, ademais, podes apresentar os teus proxectos nas asembleas para seren desenvolvidos a través da asociación, ou achegar propostas para os grupos xa existentes.
    Cuota mínima anual de 20 €
    Fai-te sóci@!
  • Contratación

    Grupos
    À parte do grupo oficial de pandereteiras da Asociación, tamén se pode contratar actuación de todo o corpo grupal ("Suán") ou de grupos creados ao abeiro da escola. LIÑA DE CONTRATACIÓN PONTEGAL
    Cursos e mónograficos
    Desde a asociación tamén nos encargamos de organizar cursos e obradoiros puntuais, charlas e conferéncias relacionadas coas actividades que traballamos. Podes consultar canto precises a través do email de contacto da asociación. Solicitar máis información
  • Publicacións e merchandising

    Se queres saber máis das publicacións nas que ten participado a A.C. Trépia (CD's, DVD's, libro-CD's, revistas, entrevistas, etc.), ou ver o catálogo de camisolas e suadeiras da asociación; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

    Explorar almacen
  • Estatutos

    Podes consultar sempre que queiras os estatutos e documentación fundacional da Asociación Cultural Trépia de Pontevedra
    Estatutos
  • Actas

    Neste apartado iremos colocando as ligazóns de descarga das actas das asembleas da Asociación, incluindo Xuntas Diretivas e Xuntas Económicas.

    *Estes documentos están aloxados no servizo de almacenaxe de Google Drive.

    Ollar listaxe de actas A.C. Trépia
  • Baixas

    As baixas unicamente tramitaranse oficialmente mediante o formulario ou enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (asunto Baixa). Especificando o tipo de baixa: Escola - Socio - Ambas
    FORMULARIO DE BAIXAS

Listen
  • Contacto
  • FAQ's
  • Redes
  • Sóci@s