PERGUNTAS E CUESTIÓNS FRECUENTES
Para axilizar e facilitar o funcionamento, administramos a A.C. Trépia de xeito telemático, xa que case todo o traballo é desenvolvido por persoas que asumen de xeito voluntário as funcións da Xunta Directiva.
Xeral escola
Como fago para entrar na Escola da A.C. Trépia?
A solicitude de praza fai-se a través do formulário de inscrición que atoparás nas seccións de cada aula na web Trépia. Se o completas correctamente, recibirás un email co resumo do que marcaches no formulário.
Unha vez rematen os prazos de inscrición, a A.C. Trépia enviará-che outro mail cos horários definitivos das aulas nas que te inscribiras, e dous documentos anexos: a ficha de inscrición na escola e a ficha de sóci@.
Finalmente, para confirmar a tua inscrición, deberás entregar a ficha de inscrición con todos os datos cubertos (incluíndo os teus datos persoais e bancários para a domiciliación das cuotas mensuais do curso), dentro do prazo que se indique no mail.
Se ademais queres asociar-te e desfrutar dos descontos nos cursos, deberás entregar tamén a ficha de sóci@.
Podes entregar este(s) documento(s) ao/à profesor/a na primeira semana de clase.

Teño que ser sóci@ para asistir às aulas?
Si é necesário, simplicas o traballo de toda asociación, mais sendo sóci@ terás un desconto adicionais no prezos. Para facé-lo, terás que cubrir e entregar a ficha de sóci@ da A.C. Trépia e pagar a cuota anual correspondente (neste momento, 20 € anuais).
Podes consultar toda a información relativa a este tema. Aqui
Podes consultar toda a información relativa a este tema. Aqui
Só con asistir às aulas xa son sóci@ de Trépia?
Non. As cuotas mensuais da escola son en concepto das aulas às que asistes.
Para ser sóci@ e desfrutar dos descontos terás que cubrir e entregar tamén a Ficha de Sóci@, e pagar a cuota anual do período vixente (20 €).
Para ser sóci@ e desfrutar dos descontos terás que cubrir e entregar tamén a Ficha de Sóci@, e pagar a cuota anual do período vixente (20 €).
Como se fai o pagamento dos cursos?
O recibo mensual do pagamento das aulas será domiciliado no número de conta que facilites na Ficha de Inscrición.
Se, por calquer motivo tes que deixar de asistir às aulas, terás que notificá-lo por mail a
As posíbeis comisións por devolución dos recibos serán abonadas pol@ sóci@
Se, por calquer motivo tes que deixar de asistir às aulas, terás que notificá-lo por mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. no mes anterior a causares baixa, para que as domiciliacións poidan ser canceladas a partires dese momento.
Cal é o prezo dos cursos?
As aulas grupais (pandeireta, pandeiro e baile) teñen un prezo de 25€ mensuais.
As aulas por quendas (acordeón diatónico, gaita e percusión), 35€ mensuais.
A aula infantil (Aula Brinquedos) ten un prezo de 30€ mensuais.
En cada caso, @s sóci@s da A.C. Trépia terán un desconto de 5 € no prezo dos cursos.

Fixen mal a inscrición... podo modificá-la?
Por suposto. A calquera lle pode pasar! Só terás que notificá-lo por mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e nós procederemos a borrar o rexistro da tua antiga inscrición.
Iso si, a continuación terás que facer unha nova inscrición co formulário web.
Iso si, a continuación terás que facer unha nova inscrición co formulário web.
Como funcionan as aulas por quendas?
As aulas por quendas son de menor duración (60 min.), mais tamén en grupos máis reducidos (máximo 3 persoas); co cal o alumnado accede a unha formación máis individualizada, e adaptada ao seu nível e velocidade de aprendizaxe. Nesta modalidade imparten-se as aulas de Gaita, Percusión e Acordeón Diatónico.
E as aulas grupais?
Nas aulas de canto tradicional e baile os agrupamentos son de 12-14 persoas por aula, respectando o carácter grupal das formacións tradicionais. As sesións son máis longas (90 min.), mais o proceso de aprendizaxe realiza-se de xeito coral (grupal).
Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores.
Podo acceder directamente às aulas de níveis superiores?
Se non tes claro en cal nível debes facer a inscrición, podes indicá-lo no formulário, no campo "Mensaxe". Se tes calquer dúbida, podes escreber a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando no asunto do mail "inscrición".
Se és nov@ na música tradicional recomendamos-che as aulas de iniciación, de nível básico.
Se xa tocas ou bailas, podes probar nos níveis intermédios e consultar co profesorado na primeira semana de clase. Inda así, sempre podes consultar calquer dúbida no mailEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
Se és nov@ na música tradicional recomendamos-che as aulas de iniciación, de nível básico.
Se xa tocas ou bailas, podes probar nos níveis intermédios e consultar co profesorado na primeira semana de clase. Inda así, sempre podes consultar calquer dúbida no mail
Estiven o curso pasado na escola Trépia. Teño que repetir a inscrición?
Si. Precisamos que fagas a inscrición co formulário da web, para confirmarmos a tua continuidade e reservar as prazas necesárias.
Nas aulas grupais (agás nas aulas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores. Se este é o teu caso, por favor fai a inscrición na quenda que che foi notificada por e-mail anteriormente.

Que facer se detecto algún erro nas domiciliacións bancárias?
Lembra que, ao non sermos unha empresa, grande parte do traballo na asociación se fai dun xeito voluntário; e inda que contamos coa asisténcia de profesionais na xestión, o certo é que algúns erros puntuais si poden acontecer.
No caso de detectares calquer anomalia, agradecémos-che que nolo comuniques aEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Comprometemo-nos en revisar cada caso e dar solución e resposta no menor tempo posíbel.
No caso de detectares calquer anomalia, agradecémos-che que nolo comuniques a
Ao facer a inscrición en várias aulas, teño algun tipo de desconto?
Alén das vantaxes para sóci@s, terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicará-se sempre na aula de menor prezo.
No caso dos menores que asistan à escola (por exemplo, na Aula Brinquedos ou nas quendas de instrumento), terán ese mesmo desconto (10%) por cada irmá/irmán que tamén asista à escola Trépia.
No caso dos menores que asistan à escola (por exemplo, na Aula Brinquedos ou nas quendas de instrumento), terán ese mesmo desconto (10%) por cada irmá/irmán que tamén asista à escola Trépia.
Como me dou de baixa?
A través do formulário web, nesta ligazón, ou enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto "baixa", indicando o teu nome e a aula na que queres cursar baixa.
Esta será efectiva desde o momento mesmo da recepción do email.
Esta será efectiva desde o momento mesmo da recepción do email.
Xeral Asociación
Podo face-me sóci@ sen ir às clases?
Si, por suposto.
Podes pagar a cuota anual de sóci@ e participar en moitas outras actividades da Asociación alén da escola, ou facer-te sóci@ colaborador/a para apoiar economicamente à A.C. Trépia
Temos un programa de colaboradores ao que tamén podes acceder desde a web de Trépia.

Podo ir às actividades sen ser sóci@?
Si. Por suposto, todas as actividades da A.C. Trépia son abertas ao público en xeral, inda que como sóci@ terás descontos nos prezos das actividades e na compra de diversos materiais.
Como se aplican os descontos?
Os descontos nas actividades da escola serán aplicados directamente no recibo de cada mensualidade.
Para os descontos na compra de material (proxectos autoproducidos, merchandising, etc.) abondará coa tua identificación nos postos da Asociación que se colocarán nos eventos da mesma.
Para os descontos na compra de material (proxectos autoproducidos, merchandising, etc.) abondará coa tua identificación nos postos da Asociación que se colocarán nos eventos da mesma.
Teño unha suxeréncia!
Estaremos encantados de atender calquer cuestión que queiras plantexar, a través do email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
Podes tamén contactar connosco a través da nosa páxina no Facebook.
Podes tamén contactar connosco a través da nosa páxina no Facebook.
Pagando a cuota de sóci@, son sóci@ por un ano?
Pois... si e non. A cuota de sóci@ paga-se de ano en ano (normalmente no mes de setembro, antes do comezo das aulas), e é valedeira até a mesma data do ano seguinte. Mais se te asócias, por poñer un exemplo, no mes de maio, a cuota estará vixente até o seguinte período de facturación (posiblemente en setembro dese mesmo ano).
O óptimo, que nós recomendamos, é asociar-se nos meses de setembro-outubro, coincidindo co comezo do curso.
O óptimo, que nós recomendamos, é asociar-se nos meses de setembro-outubro, coincidindo co comezo do curso.
Recomendamos que lle botes unha ollada ao resto de seccións da web. Nelas atoparás información máis detallada.
Non somos infalibles, así que se atopas algun erro tipográfico ou de visualización, agradecemos as achegas que poidas facer para mellorar a web. Encanta-nos o feedback!!! lembra, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
En que te podemos axudar?
Contacto A.C. Trépia
-
TeléfonoNon gastamos
-
Email
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Usamo-lo moitísimo
-
EnderezoApdo. correos 354, 36080, Pontevedra.
-
Social