Skip to main content

ASOCIAR-SE À A.C. TRÉPIA

como e por que?

A A.C. Trépia é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, completamente autoxestionada e autofinanciada dende os seus comezos, aló polo 2008.

Pagando a cuota de sóci@ anual (30 €), ademais de pasares a ser sóci@ de pleno dereito na Asemblea da A.C. Trépia, estarás a nos dar un prezado apoio económico que empregaremos en desenvolver máis actividades e mellorar as condicións do local, ao que por suposto poderás acceder sempre que queiras nos horários de apertura, e participar en todas as actividades que nel se organicen.

Tan só tes que cubrir o formulário de inscrición, e pasarás a ser sóci@ numerári@ ou colaborador/a de Trépia, segundo a opción que escollas, unha vez realices o pagamento da cuota.

A Asociación domiciliará as cuotas de sóci@ correspondentes na conta bancária que facilites na tua ficha.
Ten conta de que os datos estean ben expresados no formulário -especialmente os de contacto-.

Se tes calquera incidéncia no proceso, podes escribir-nos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e estaremos encantades de te atender!

  • Numerário

    Cuota Anual 30€
    • Por norma xeral, tanto as actividades como as aulas da escola ofrecen descontos para sóci@s; mais tamén terás desconto no material de merchandising e nas actividades que se organicen.
    • Alén das vantaxes para sóci@s, terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicará-se sempre na aula de menor prezo.
    • No caso dos menores que asistan à escola (por exemplo, na Aula Brinquedos ou nas quendas de instrumento), terán ese mesmo desconto (10%) por cada irmá/irmán que tamén asista à escola Trépia.
  • Colaborador/a

    Cuota anual de 50 €, ou de 30 € trimestrais, segundo o que queiras aportar.)
    • Por norma xeral, tanto as actividades como as aulas da escola ofrecen descontos para sóci@s; mais tamén terás desconto no material de merchandising e nas actividades que se organicen.
    • Alén das vantaxes para sóci@s, terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicará-se sempre na aula de menor prezo.
    • No caso dos menores que asistan à escola (por exemplo, na Aula Brinquedos ou nas quendas de instrumento), terán ese mesmo desconto (10%) por cada irmá/irmán que tamén asista à escola Trépia.
  • Empresa colaboradora

    Cuota anual de 200 €
    • Espazo permanente de publicidade na web. Tamén adicaremos espazos na programación de eventos e na promoción que fagamos destes (cartazes, redes sociais, etc.).
    • Información concreta de todos os eventos e actividades, incluíndo a posíbel participación directa da empresa dentro das actividades da asociación (espazos expositivos, publicidade no local, etc.).
    • Nomeamento nos créditos de produción dos proxectos audiovisuais e editoriais da A.C. Trépia.
    • Suscrición anual ao boletin de novas.
    • Todas as vantaxes d@s sóci@s regulares