Skip to main content

Álvaro Carballo

Titulado profesional en gaita galega polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo da man de Xosé Miguélez (Pilís), curso superior en percusión tradicional na E-Trad da man de Chuco Estévez e son estudante de último ano do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Asisto ao Seminario Permanente de Jazz da man de Abe Rábade e teño sido alumno de mestres como Pedro Fariñas, Rebeca Carrera ou Cristian Silva.

Inicio a miña traxectoria no eido da música tradicional dende moi novo onde participo en grupos como Seixebra, Trazantes de Tenorio, Traspés ou Cantigas e Agarimos. Actual membro da directiva da Asociación de Gaiteiras Galegas.

Como gaiteiro, participo en proxectos como o grupo Prima de Buxo ou a charanga de Trapés, imparto aulas na A.C. Soalleira de Dorrón e dirixo o Obradoiro de música tradicional da Universidade de Vigo.