Ciclo de nadal
Decembro-Xaneiro
Participamos activamente na programación de nadal do Concello de Pontevedra, achegando a tradición das danzas e cantares de reis recollidos en distintos lugares.
Ciclo das labradas
Abril – Maio
Proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns).
Conferencias, exposición, concertos, convivio.
Magosto
Outubro – Novembro
ACTIVIDADES
DURANTE O CURSO
Ao longo do ano a asociación desenvolve diferentes actividades fóra da escola, que procuran a difusión e recuperación de moitas tradicións vencelladas ao ciclo do ano. Asi pois, comezamos o curso en pleno ciclo do outono (esfolladas do millo, magostos, etc…), continuamos cos cantares e danzas de nadal e reis -no ciclo de nadal-; e entrada a primavera comezamos o ciclo das labradas (cantares de arada, sementeira, etc…) que remata coa celebración da Aña Urbana cara a finais do mes de abril.