Acordeón Diatónico Todos os niveis
33
sesións
60min
Tempo
-
Luns e Mercores
-
1h. entre 19:30 e 21:30 (Luns)
-
1h. entre 19:00 e 21:30 (Mércores)
-
32,50 € mes
Instruccións para matrícula
Instruccións e funcionamento
ALUMNADO DOUTROS ANOS:
Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.
ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:
Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.
Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.
Método
A aula de acordeón diatónico proporcionará progresivamente, adaptando-se ao ritmo de aprendizaxe de cada alumn@, as ferramentas precisas para acadar solvéncia e autonomia no manexo do instrumento a través de exercícios, repertório específico para diatónico procedente de Galiza e doutras partes do mundo, acompañamento, harmonia, patróns rítmicos e interpretación en conxunto.
- Aula de acordeón diatónico por quendas (1 quenda semanal de 60 min.)
- Cada quenda terá un máximo de 3 alumnos/as, organizadas por niveis. Existen duas modalidades de aula, que o/a profesor/a poderá ofrecer ao/à aulumna/o en función das necesidades de aprendizaxe: Unha sesión conxunta (3 persoas) de 60 min.; ou unha sesión individual de 20 min.
- Os agrupamentos finais das quendas serán acordadas co alumnado pol@ profesor/a durante as primeiras semanas do curso.
Localización provisional:
Local Rúa Santiña. Aula 1
Actividades
O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:
- Actuacións magosto
- Cantares de reis
- Roteiros da Aña Urbana
- Actuación fin de curso
- Aula COMBO
- COMBO gaita e percusión
Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.
CALENDÁRIO
- AULAS LUNS:
- 30 setembro;
- 7, 14, 21 e 28 de outubro;
- 4, 11, 18 e 25 de novembro;
- 2, 9 e 16 de decembro;
- 13, 20 e 27 de xaneiro;
- 3, 10, 17 e 24 de febreiro;
- 10, 17, 24 e 31 de marzo;
- 7, 21 e 28 de abril;
- 5, 12, 19 e 26 de maio;
- 2, 9 e 16 de xuño.