AÑA URBANA 2020

11 anos arando asfalto...

Faltan só:
días horas min. segs.

Sachos na casa!

Pois... elemental, querido Watson... Supoñemos que xa todo o mundo o daba por feito, pero non é até hoxe que confirmamos oficialmente a cancelación da Aña Urbana 2020. Debateu-se, e moito, se adiar para máis adiante era unha boa opción, mais somos conscientes de que é unha celebración que carece de sentido fóra das datas que lle son própias, asi que... decidimos que este ano non haberá edición da aña.
Queremos agradecer igualmente a todos os grupos e colectivos que nos tiñan confirmado a asistencia, e animamos a que visitedes os seus perfis para seguir o seu traballo neste tempo de confinamento que nos tocou... Paraíso Canto, Oradaladou GHALOS DO CURRAL, Habelas Hainas e que non decaia! Vale máis que o ano que vén poidamos facer unha edición o dobre de xeitosa... polo de agora, #quedanacasa.

Apertas virtuais!