Agora que se achega o tempo de pedir os aghinaldos, deixamos-vos este temiña que @s peques da escola tiñan preparado para a Festa da Xiada, adaptando unha melodia do cancioneiro de Dorothé Schubarth que foi recollida en Pereda de Candin. Adaptamos a letra e puxemos as mellores galas de rancho de reis. De novo, traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!. Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!
Pois! Para despedirmos este ano raruno, velaí vai este primeiro experimento n'aCultural: un belén que nos montamos co profesorado e alumnado da escola Trépia, cos médios máis punkis que puidemos e poñendo os procesadoriños a mil por hora... :) Iso si, un temazo de "nadal-en-trépia" que tiñamos gardado da Festa da Xiada que non puido ser o ano pasado... Incríbel traballo de mestura e mastering por Xito Outeiro con ZuloRecords, e co apoio técnico -incondicional- de Jamar Eventos.
Corrian finais do 19 e en Trépia estabamos a argallar a II Festa da Xiada... lembrades? que tempos!. Daquelas tiñamos preparada unha proposta con case todo o alumnado da escola que finalmente se tivo que cancelar por mor dunha cicloxénese coronavírica, ou algo asi, ou todo a un tempo...
Este tema parte dun cantar de nadal recollido por Anaïs Barbier a veciñas de Soutelo de Montes, e para o que ela mesma fixo un arranxo de vozes bulgarófilas maravillosas. Completamos cunhas programacións e zanfonas de Xandre Outeiro, acompañamento de harpa de Rói Earan, e os aportes doutras seccións instrumentais da escola, e voilá! Grazas a todas por participar e gardar as gañas dun ano p'ra outro. Ogallá a vindeira a poidamos facer xuntas e sen máscaras!
Opa iii, mariñeiras do território! recén chegado o vídeo dende os peiraos da Cofradía De Pescadores de Bueu, unha peza de esquisita beleza. Moi agradecid@s a Esmerarte Industrias Creativas por contar coas músicas de Trépia e Xandreouteiro , moito fixe!! ♥️♥️♥️
Efficiently promote sticky customer service via installed base resources. Appropriately underwhelm best-of-breed alignments without emerging deliverables.
Pois... elemental, querido Watson... Supoñemos que xa todo o mundo o daba por feito, pero non é até hoxe que confirmamos oficialmente a cancelación da Aña Urbana 2020. Debateu-se, e moito, se adiar para máis adiante era unha boa opción, mais somos conscientes de que é unha celebración que carece de sentido fóra das datas que lle son própias, asi que... decidimos que este ano non haberá edición da aña. Queremos agradecer igualmente a todos os grupos e colectivos que nos tiñan confirmado a asistencia, e animamos a que visitedes os seus perfis para seguir o seu traballo neste tempo de confinamento que nos tocou... Paraíso Canto, OradaladouGHALOS DO CURRAL, Habelas Hainas e que non decaia! Vale máis que o ano que vén poidamos facer unha edición o dobre de xeitosa... polo de agora, #quedanacasa.