Skip to main content

Actividades de comezo do curso

O vindeiro XOVES, 1 DE OUTUBRO arrinca o curso 2015-2016 cunha programación chea de novidades. Non vos perdades a información sobre as aulas novas, horários e procedementos de inscrición na sección da escola desta web. Tamén atoparedes aqui os horários para a Xornada de Portas Abertas do vindeiro 3 de Outubro.

A presentación oficial do curso será, pois, o XOVES 1 DE OUTUBRO ás 19:00h. na Casa da Luz (Praza da Verdura - Pontevedra), onde aproveitaremos para explicar en detalle o plantexamento deste curso (con dous itinerários diferentes) e tamén para convocar ao público a unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS que terá lugar na mesma CASA DA LUZ o sábado 3 de Outubro (de 16:30h. a 19:30h.) con actividades e aulas gratuitas, exposicións, etc... Aqui podes acceder aos horários das actividades na XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

Un saúdo desde a A.C. Trépia!

Didáctica, Pontevedra, folclore

  • Hits: 2072