
Aña Urbana 2017
Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta;
Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta; con mostras do material recollido por diferentes investigadores ao longo dos anos. Un xeito ameno de achegar-se ao coñecimento dunha tradición centenária nun evento que é punto de encontro de investigadores, agrupacións e colectivos do eido da cultura tradicional.
VII Aña Urbana
Nova edición da aña urbana, este ano con máis actividades:
AÑA URBANA
O 22 de abril na Praza do Concello con roteiros polas prazas da cidade, exposicións, obradoiros de toques de leghón e baile do ramo, actuacións musicais e serán, artesáns e moito máis!
EXPOSICIÓN
Exposición da A.C. Trépia do na carpa situada na praza do concello.Un achegamento ao rito da aña desde as suas manifestacións máis senlleiras nas comarcas de Mondariz e Condado-Paradanta; con mostras do material recollido por diferentes investigadores ao longo dos anos. Un xeito ameno de achegar-se ao coñecimento dunha tradición centenária nun evento que é punto de encontro de investigadores, agrupacións e colectivos do eido da cultura tradicional.
ARTESÁNS e mostra de oficios tradicionais
Durante todo o día 22 na carpa da Aña Urbana .
Unha oportunidade para observar de perto o traballo artesanal e aprender un chisco máis do noso património inmaterial.
ACTUACIÓNS musicais e de baile tradicional
Na própia carpa e polas rúas e prazas do casco histórico de Pontevedra.
- 12:OO h. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición
- 12:00 h. ► Roteiros cos grupos participantes. (Concello - Peregrina - 8 de Marzo - Curros Enríquez - Abastos)
- 14:30 h. ► Pausa xantar
- 17:3O h. ► Visita guiada à exposición.
- 18:00 h ► Obradoiro toques de leghón (Xandre Outeiro)
- 18:3O h. ► Obradoiro baile tradicional (Miguel Sotelo)
- 19:00 h. ► Obradoiro baile e percusión: O baile do ramo
- 19:30 h. ► Actuacións grupos convidados
- 21:00 h. ► SERÁN (Inscricións para tocar, no momento)
TÉS UN GRUPO E QUERES PARTICIPAR?
Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes cubrir o formulário de inscrición clicando no botón de abaixo. O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo), mais desde Trépia deixamos á vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou de rua, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras... Todo ten cabida na Aña Urbana!
Consulta os vídeos das anteriores edicións
VideosRESUMO FOTOGRÁFICO 2016 PontevedraViva.com
aña urbana, Pontevedra, evento, concerto
- Hits: 3994