Festa da I Xiada

O vindeiro sábado, 22 de decembro; e co gallo do noso 10º aniversário, celebraremos unha edición moi especial dos cantares e danzas de reis.

Arquivo fotográfico socios:
Os tradicionais cantares e danzas de Reis chegarán este sábado 22 de decembro ás prazas e rúas de Pontevedra da man dos integrantes da asociación cultural Trépia. Esta actividade forma parte da programación da Festa da Xiada coa que Trépia celebra o seu décimo aniversario e desenvolverase na zona centro de Pontevedra. Fonte: pontevedraviva.com

PontevedraViva.com

Roteiro Danzas e cantares de Reis 2018

Queremos agradecer outro ano máis ao concello de Pontevedra por colaborar e permitirnos crear actividades que son un orgullo para nos.. Estamos orgullosos dos socios que participaron e acompañáronnos durante toda a xornada e sabemos que sen a súa participación e motivación non tería sentido, polo que moitas grazas a Trépias
  • Praza Peregrina
    18:00
  • Praza San Xosé
    18:20
  • Ferraria
    18:40
  • Praza San Xosé
    19:10
  • Praza Curros Enríquez
    19:25
  • Ruínas San Domingos
    19:45