Desde o ano 2010

CICLO DAS LABRADAS

PONTEVEDRA

Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas (meses de abril e maio).

Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como Luís Prego, Carlos Álvarez ou Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.

Atalora ten-se convertido xa nun evento afianzado na cidade, e unha referencia entre os eventos da música tradicional da contorna na que cada vez participan máis grupos e escolas.

FOTOS

VIDEO

HISTORICO

AÑA DE ABOAL

Recolleita 2003
Guillerme Ignacio e Xandre Outeiro, que deu pé á organización das primeiras edicións da Aña Urbana en Pontevedra -a cargo da Asociación O Tear de Llerena, prévias á fundación de Trépia.

AÑA DE ABOAL

Recolleita 2003
Guillerme Ignacio e Xandre Outeiro, que deu pé á organización das primeiras edicións da Aña Urbana en Pontevedra -a cargo da Asociación O Tear de Llerena, prévias á fundación de Trépia.

HISTORIAL DE GRUPOS PARTICIPANTES

  • 2010:
    Pandereteiras Almuinheira (A.C. Almuinha, Marín) Pandereteiras do Suído (A Lama)
  • 2011:
    Conferéncia: Luis Prego + Pandereteiras de Toutón Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas) A.C. Retrouso (Bueu) Grupo de baile da A.C. Os Muíños de Oliveira (Ponteareas) Os Saramagos (Redondela) Maghúa pandereteiros (A Coruña) Pandereteiras As Tarambainas (Vigo) A.C. Seixebra (Moraña)
  • 2012:
    Conferéncia: Xandre Outeiro. Presentación dos "Cadernos da aña" Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas) GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • 2013:
    Conferencia Carlos Álvarez + Pandereteiras de Gargamala e A Ermida Pandereteiras do Suído (A Lama) GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas) Pandereteiras As Tarambainas (Vigo) Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas) Tanxedoras (Vigo)
  • 2014:
    Pandereteiras do Suído (A Lama) A.C. Peis d'hos (Cangas) Pandereteiras Ghandainas (Alcabre) GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • 2015:
    A.C. Peis d'hos (Cangas) Pandereteiras Ghandainas (Alcabre) GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • 2016:
    A.C. Peis d'hos (Cangas) Pandereteiras Ghandainas (Alcabre) A.C. Pousos da Area (Marín)
  • 2017:
    A.C. Peis d'hos (Cangas) Pandereteiras Ghandainas (Alcabre) A.C. Pousos da Area (Marín) A.C. Trébede (Marín)

TÉS UN GRUPO

E QUERES PARTICIPAR?

Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes cubrir o formulário de inscrición clicando no botón de abaixo.
O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo), mais desde Trépia deixamos á vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou de rua, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras...