As Rexubeiras no En Pé!

rexubeiras

O pasado 27 de decembro estreamos o grupo de pandereteir@s da A.C. Trépia, co nome "Rexubeiras", nun concerto no novo centro social En Pé!, de Pontevedra. Todo un éxito!

Grazas a todos os que vos animastedes a vir, e especialmente aos beilladores de excepción que tivemos. Seguiremos a avisar dos vindeiros concertos e actuacións, mediante a sección Pandereteir@s da A.C. Trépia, no menu Proxectos.