INSTRUCCIÓNS

  • COMO ASOCIAR-SE Á A.C. TRÉPIA

    Entregando a FICHA DE SÓCI@ debidamente cumprimentada, pasarás a ser sóci@ numerári@ ou colaborador de Trépia, segundo a opción que escollas. Isto será efectivo a partires do momento en que se efectúe o pagamento da cuota anual correspondente ao exercício en curso (de setembro a xullo).
    A Asociación domiciliará as cuotas de sóci@ correspondentes na conta bancária que facilites na tua ficha.
    Coida que os datos estean ben expresados na ficha -especialmente os de contacto-.
    Podes remitir o documento asinado ao enderezo da asociación, ou escaneá-lo e enviá-lo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

    A secretaria da Asociación porá-se en contacto contigo para confirmar a alta e inscrición no libro de sóci@s... e xa está!

  • CUOTAS E DESCONTOS

    Existen vários tipos de sóci@:

    Numerári@: Cuota anual de 20 €
    Colaborador/aCuota anual de 50 €, ou de 30 € trimestrais, segundo o que queiras aportar.
    Empresa colaboradoraCuota anual de 200 €

    Por norma xeral, tanto as actividades como as aulas da escola ofrecen descontos para sóci@s; mais tamén terás desconto no material de merchandising e nas actividades que se organicen. No caso d@s sóci@s e empresas colaboradoras, podes consultar as condicións e vantaxes de cada aportación na sección do programa de colaboradores.

POR QUE ASOCIAR-SE?

APOIAR O PROXECTO

Podes apoiar os proxectos da Asociación Trépia facendo-te sóci@ colaborador/a. Axudarás non só aportando a cantidade económica da cuota, mais tamén a tua opinión; xa que sendo sóci@ colaborador terás voz e voto nas asembleas da asociación, como sóci@ de pleno dereito. Animamos-te a participar nun proxecto ilusionante que involucra música e cultura tradicional con propostas innovadoras e actuais.