Asociación Cultural Trépia

dende o 2008 Pontevedra

Escola - Actividades - Investigación - Mestura

Fornecer á nosa tradición cultural (especialmente a musical) de novas ferramentas e mecanismos que permitan a sua pervivéncia no futuro, sabendo que o entorno sócio-cultural no que esa tradición naceu e se desenvolveu esmorece a pasos axigantados. Asi pois, o único xeito de supervivéncia cultural pasa por atopar novos contextos onde a nosa música e baile se poidan seguir desenvolvendo.

O proxecto artístico inicial chamou-se Projecto Trépia, cunha proposta escénica na que se conxugaron música e baile tradicional (con repertório clásico e outro de nova creación) con programacións de electrónica e proxeccións de vídeo. A proposta foi moi exitosa, recibindo vários recoñecimentos no 2008, 2009 e 2010 (GalizaCrea, XuventudeCrea, FestiMadTaste...).

Actividades como a Aña Urbana (que leva o repertório de cantares e danzas relacionados coas labradas e os traballos do campo á cidade) supuxeron un grande éxito de convocatória, e tamén no referente á difusión da cultura tradicional nun ambiente urbano.
Hoxe imos xa camiño da 8ª edición e a Aña Urbana converteu-se nunha data de referéncia e un punto de encontro para a cultura tradicional na cidade de Pontevedra.

Ademais, organizan-se outras actividades de difusión sobre o ciclo de nadal (cantares e danzas de nadal e reis), entroido, maios, etc..., alén doutras actividades de carácter formativo, como cursos monográficos, charlas e conferéncias.

Escola Trépia

Un dos peares básicos do plantexamento da Asociación Cultural Trépia é a sua escola, onde se imparten aulas de pandeireta e canto, baile, percusión, gaita, e outros instrumentos. Deste xeito o alumnado adquire coñecimentos sobre música tradicional, desde o nível básico a níveis avanzados, para despois poder participar en outros proxectos artísticos innovadores que se van desenvolvendo no entorno da A.C. Trépia.

Ver aulas dispoñibles

Actividades A.C. Trépia

MAGOSTO

Inauguramos a tempada do outono coa organización dun magosto-foliada a comezo do curso. Unha ocasión xenial para coñecer aos compoñentes da Asociación e, de paso, dar-nos a coñecer a través dun evento público dinamizador na cidade de Pontevedra.

CANTARES E DANZAS DE REIS

A principal actividade da Asociación no ciclo de Nadal. Un evento que pretende achegar às ruas e prazas da cidade todo o repertório tradicional de nadal, aninovo e reis; e novas achegas para o mesmo.

AS XANEIRAS

Un punto de encontro para o alumnado da escola, que fecha as actividades do ciclo de nadal da Asociación, despedindo-o até o seguinte ano cos cantares das xaneiras.

AÑA URBANA

Un punto de encontro coa cultura tradicional, especializado na difusión do repertório do ciclo das labradas e fomentando, coma sempre, os novos puntos de vista e achegas innovadoras.

FIN DE CURSO

A foliada de fin de curso, coa que cada ano despedimos as actividades da escola de Trépia até os preparativos do curso seguinte...

CURSOS MONOGRÁFICOS

Xa sexa nos Monográficos de Verán, que se desenolven durante o mes de xuño, ou noutras convocatórias extraordinárias que se van facendo durante o ano; en Trépia sempre se tenta diversificar a oferta formativa, tanto para sóci@s como para o público en xeral.

Proxectos

Explorando o potencial da cultura tradicional

Desde proxectos formativos de base sobre música e danza tradicional, a outros que procuran achegar novas ideas e recursos para a sua difusión e continuidade.

A.C. Trépia

Ollar dosier

  • Para participar activamente na toma de decisións e ter acceso aos descontos e promocións dirixidas exclusivamente a sóci@s (tanto na escola da asociación como en cursos e outras actividades puntuais).


    Como sóci@, ademais, podes apresentar os teus proxectos nas asembleas para seren desenvolvidos a través da asociación, ou achegar propostas para os grupos xa existentes.

    Cuota mínima anual de 20 €
    Fai-te sóci@!
  • Grupos

    À parte do grupo oficial de pandereteiras da Asociación, tamén se pode contratar actuación de todo o corpo grupal ("Suán") ou de grupos creados ao abeiro da escola.

    Cursos e mónograficos

    Desde a asociación tamén nos encargamos de organizar cursos e obradoiros puntuais, charlas e conferéncias. Podes consultar canto precises a través do email de contacto da asociación.

  • Publicacións e merchandising

    Se queres saber máis das publicacións nas que ten participado a A.C. Trépia (CD's, DVD's, libro-CD's, revistas, entrevistas, etc.), ou ver o catálogo de camisolas e suadeiras da asociación; contacta-nos a través do mail.

  • Podes consultar sempre que queiras os estatutos e documentación fundacional da Asociación Cultural Trépia de Pontevedra

    Estatutos

  • Neste apartado iremos colocando as ligazóns de descarga das actas das asembleas da Asociación, incluindo Xuntas Diretivas e Xuntas Económicas.

    Ollar listaxe de actas A.C. Trépia 2008 - 2015

    Estes documentos están aloxados no servizo de almacenaxe de Google Drive.

  • As baixas unicamente tramitaranse oficialmente mediante o formulario ou enviando un email a (asunto Baixa). Especificando o tipo de baixa: Escola - Socio - Ambas