Projecto [`trepja]

Un grupo escénico no que se axunta a música e danza tradicional coa videocreación e a música electrónica. Podes atopar mais información no myspace do grupo, www.myspace.com/projectotrepja; ou nas canles Trépia no youtube e na LastFM. A primeira maqueta do grupo está dispoñíbel para descarga gratuita (con Creative Commons) no netlabel A Regueifa Plataforma 
Xénero: Electrónica / Experimental / Música tradicional 

 

 

baner infinitumProjecto ['trepja] ...de infinitum

Xa no 2011 apresenta-se ...de infinitum, un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a  própia cosmovisión do grupo: Son luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite: O eterno retorno. O repertório tradicional mestura-se xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo.  A danza non acompaña á música senón que, como sempre fora, é parte da própia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas. 

Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.

 

Projecto Trepia Imaxe - Danza - Son Proposta escénica galega que abrangue a fusión da música tradicional coa electrónica, a danza tradicional e o soporte multimedia (video-creación).

2º posto categoría raíces-fusión FestiMADtaste 2010. 2º posto categoría música certame XuventudeCrea 2010. 1º posto categoría música certame GZCrea 2008. 2º posto categoría videocreación certame GZCrea 2008 Certame Nsaio Xeral 2008.

Xandre Outeiro (Zanfona, sampler, voz, percusión, baile) Andrea Menéndez Piñeiro (Voz, percusión, baile) Sara Pena Couto (Voz, percusión, baile) Belén Trabazo Portela (Voz, percusión, baile) Pedro Brañas Vázquez (Voz, percusión, baile) Miguel Sotelo Vidal (Voz, percusión, baile) Diego Pintos (Videocreación) Marta Verde Baqueiro (Ninja visualcode) Cayetano Amenabar (Zanfonista)