Grupo de baile da A.C. Trépia

Dirección: Xandre Outeiro
Nas aulas de perfeizoamento afonda-se no repertório dos cursos prévios, mais tamén se introducen zonas novas para ofrecer unha visión mais xeral do baile tradicional. O repertório base pasa polas pezas que se ensaian no grupo de baile oficial da asociación, co obxectivo de facilitar a incorporación ao mesmo dos alumnos que o desexen.  

Logo de aprender nos anos prévios un repertório de puntos e bailes das distintas zonas, neste curso incide-se tamén na técnica, especialmente enfocada á improvisación no baile tradicional. 

Aprendizaxe do repertório do grupo de baile da A.C. Trépia. 

  • Xota, ribeirana e pasodobre de Pardalongas (Fornelos de Montes)
  • Xota e ribeirana de Toutón (Mondariz)
  • Xota cruzada de Piñeiro de Area (O Covelo)
  • Ribeirana de Angudes (Crecente) 

Podes solicitar a tua participación neste correo electronico GBMT Trépia