Grupo de baile da A.C. Trépia

Dirección: Xandre Outeiro
Nas aulas de perfeizoamento afonda-se no repertório dos cursos prévios, mais tamén se introducen zonas novas para ofrecer unha visión mais xeral do baile tradicional. O repertório base pasa polas pezas que se ensaian no grupo de baile oficial da asociación, co obxectivo de facilitar a incorporación ao mesmo dos alumnos que o desexen.  

Seguir lendo

Trepia

Ao longo do ano a asociación desenvolve diferentes actividades fóra da escola, que procuran a difusión e recuperación de moitas tradicións vencelladas ao ciclo do ano. Asi pois, comezamos o curso en pleno ciclo do outono (esfolladas do millo, magostos, etc...), continuamos cos cantares e danzas de nadal e reis -no ciclo de nadal-; e entrada a primavera comezamos o ciclo das labradas (cantares de arada, sementeira, etc...) que remata coa celebración da Aña Urbana cara a finais do mes de abril.