Obradoiro de utilería tradicional para as danzas de reis

O vindeiro sábado 15 de decembro, convidamos-vos a participar neste obradoiro no que poderedes elaborar vós mesm@s os adovios que precisaredes para as danzas de reis.

Será no Antigo Conservatório de Pontevedra, de 11:00 a 13:30, e nel poderedes aprender a elaborar as coroas e diademas do vestiário da danza, alén de preparar todos os materiais precisos, ou mesmo elaborar os vosos própios complementos (abonando só o importe do material que empreguedes).

Este obradoiro de balde vai dirixido a tod@s @s sóci@s de Trépia, especialmente a aqueles que vaian participar na actividade de Cantares e Danzas de Reis, que terá lugar o 22 de decembro polas ruas e prazas de Pontevedra.

Animai-vos a participar: precisamos mans para axudar a repoñer o vestiário da asociación e de paso -por que non?- aprendermos todos xuntos as técnicas de elaboración destes complementos.

Podedes inscribir-vos no seguinte formulário:

*prazas limitadas
FOLLA DE INSCRICIÓN

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • Hits: 167