Curso elaboración de pandeiros

Xa de volta neste 2017, presentamos-vos o segundo dos cursos monográficos sobre pandeiro cadrado:
Nesta ocasión faremos un obradoiro de elaboración de pandeiros, da man de DACORLA Artesanía (Damián Cordo Lage); que incluirá non só o cosido da pel, mais tamén a elaboración do bastidor de madeira para o instrumento.

Os obradoiros terán lugar os sábados 21 e 28 de xaneiro de 2017, de 11.00h. a 13:30h., na aula "Laboratório" do Antigo Conservatório de Pontevedra (Rua Afonso XIII, nº 7, 2º andar).

Podedes facer a vosa inscrición até o luns 16 de xaneiro, a través do formulário de inscrición que atoparedes nesta web.

O prezo será de 55 € para @s sóci@s da A.C. Trépia, e de 60 € para non-sóci@s, que deberedes ingresar na conta da Asociación antes do mércores 18 de xaneiro (unha vez feita a inscrición, recibiredes no voso mail os datos bancários e outros detalles sobre o pagamento.

Animade-vos! Comezamos forte!