Matrícula Aberta
Sábado, 16 Xuño 2018

Técnica vocal - (Teórico e Práctico)


Todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz. A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …) E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

CONTIDO DO CURSO

Obxectivos:
Aprender unha serie de recursos para correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar:
  • Acadar dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para poder proceder á fonación.
  • Incorporar ao noso entrenamento os exercicios adecuados de quencemento da voz; vocalización …
  • Obter coñecementos organolóxicos sobre o noso instrumento para unha boa visualización do que ocorre mentres cantamos, tendo en conta o tipo de voz e de calidade que empreguemos.
  • Consellos sobre o coidado do noso aparello fonador.
  • Entender a importancia da desinhibición e expresividade á hora de cantar.
  • Saber aplicar os diferentes tipos e calidades de voz segundo o repertorio e tesitura.
  • Traballar a ornamentación e articulación a partir da relaxación bucofarínxea.
  • Importacia da respiración e o apoio para unha boa proxección e afinación. Aprender e interiorizar exercicios para tal fin.
  • Tonicidade e postura corporal.
  • A respiración e o apoio.
  • Organoloxía.
  • Vocalización e prequencemento. Preparándonos para cantar.
  • Proxección e calidades de voz.
  • Técnica e tesitura.
  • Desinhibición e expresión.
  • Articulación e ornamentación
  • Exercicións vocais grupais.
Materiais que deberán levar @s participantes:
  • Roupa cómoda
  • Esterilla ou manta.
  • Material de escritura
(traballo grupal e individual, aproximadamente 10 minutos persoa)

DATA DAS SESIÓNS

Sábado, 16 Xuño 2018
Antigo Conservatorio Rúa Alfonso XIII, 7, 36002
  • Xela Conde Fernández

    Xela Conde Fernández

    • Sábado, 16 Xuño 2018
    • 11:00 - 14:00 e 15:00 -18:00
    • 2 ses. Intensivo 8 mínimo || máximo 15/20
    • Prezo: 40€ Socios
    • Prezo 50 € Non socios
    • Para: En aberto
    • Fin de matricula 10 Xuño 2018
    Como funciona
    O Fin de matricula 10 Xuño 2018 remata o prazo de inscrición nos monográficos de verán da A.C. Trépia. Unha vez completes este formulário, recibirás no mail indicado a confirmación de reserva de praza, que se fará efectiva no momento de abonares a(s) cuota(s) correspondente(s). O prazo para efectuar o pagamento remata días antes Fin de matricula 10 Xuño 2018 , e deberás transferir ou ingresar o importe no número de conta
    Voltar