Técnica vocal - (Teórico e Práctico)

Xela Conde Fernández

Xela Conde Fernández


Matrícula Aberta
  • até: Martes, 05 Febreiro 2019
  • Nivel:
    Iniciación
  • Día: Sábado, 09 Febreiro 2019
  • Horario: maña e tarde
  • Duración: 6h
  • Ratio: 15 por sesión
  • Prazas dispoñibles: min 12 | 15 max
  • Prezo: 50€ 45€
  • Monográfico

    Todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.

  • Metodo

    A voz é o instrumento máis difícil de todos, inda que só sexa porque non o podemos ver e iso dificulta o seu aprendizaxe e a súa corrección. Por outra banda, é o máis empregado porque tod@s o temos e polo seu uso popular. Apórtanos momentos de lecer e é unha representación da nosa personalidade, carisma e forma de comunicarnos. Pero non por empregalo de maneira habitual significa que o fagamos da maneira axeitada; é posible que poidamos sacarlle moito máis partido e posibilidades e, tamén, evitar problemas orgánicos por un mal uso.

    O noso canto implica esforzo, boa respiración, afinación, proxección e ser conscientes da nosa tesitura para poder cambiar a forma de emisión da voz. Polo seu carácter, tamén precisa de expresividade, ornamentación e a utilización diversas calidades de voz. A técnica aporta todo isto, como tamén a seguridade de poder empregar o teu instrumento con calidade a pesar das dificultades do día a día (problemas de saúde, falta de descanso, estrés …) E non por ter un repertorio lonxano, a priori, da chamada “música culta” significa que necesite menos recursos, menos traballo ou menos importancia e significación.

  • Sábado, 09 Febreiro 2019
  • Instruccións e funcionamento

    2 de Febreiro remata o prazo de inscrición no monográfico.
    Técnica vocal - (Teórico e Práctico) con Xela Conde Fernández.
    Unha vez completes este formulário, recibirás no mail indicado a confirmación de reserva de praza, que se fará efectiva no momento de abonares a(s) cuota(s) correspondente(s).

    Para facer o pagamento deberás transferir ou ingresar o importe no número de conta antes do 2 de febreiro indicando no concepto "Monográfico Técnica vocal" eo teu nome, Que o atoparas na folla de inscrición.

    Unha vez recibido o pagamento, terás finalizado correctamente a inscrición. Para axilizar o trámite, podes enviar un XUSTIFICANTE da transferéncia/ingreso a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando no asunto o teu nome + título do monográfico.

    Se tendes algunha consulta relacionada co contido do curso, non dubides en escribirnos gustamos do voso interese.

A matricula remata o:
Martes, 05 Febreiro 2019