por que asociar-se?
apoiar o proxecto
Podes apoiar os proxectos da Asociación Trépia facendo-te sóci@ colaborador/a. Axudarás non só aportando a cantidade económica da cuota, mais tamén a tua opinión; xa que sendo sóci@ colaborador terás voz e voto nas asembleas da asociación, como sóci@ de pleno dereito.
Animamos-te a participar nun proxecto ilusionante que involucra música e cultura tradicional con propostas innovadoras e actuais.
Actualmente tamén podes promocionar a tua empresa ou colectivo nos soportes dos que dispón a asociación (web, carteleria, impresións, etc...). Consulta no mail ("ep_fdae3bbd", 0);todas as posibilidades.
participar
Tamén podes pagar a cuota base de sóci@ (20 € anuais) para participar activamente na toma de decisións e, por suposto, beneficiar-te dos descontos e promocións dirixidas a sóci@s (tanto na escola da asociación como en cursos e outras actividades puntuais).
@s sóci@s, ademais, poden apresentar proxectos nas asembleas para seren desenvolvidos a través da asociación, e poden formar parte dos grupos xa existentes.
-
Por norma xeral, tanto as actividades como as aulas da escola ofrecen descontos para sóci@s; mais tamén terás desconto no material de merchandising e outros artículos da web de Trépia. (Na sección Bitácora podes ver un pequeno historial de actividades que se teñen organizado ao abeiro de Trépia A.C.)
-
Entregando a FICHA DE SÓCI@ debidamente cumplimentada, pasarás a ser sóci@ numerári@ de Trépia. Isto será efectivo a partires do momento en que se efectúe o pagamento da cuota anual correspondente ao exercício en curso (de setembro a xullo).
A Asociación domiciliará a cuota anual de sócio unha vez ao ano -segundo se decida na asemblea- na conta bancária que facilites na tua ficha.
Coida que os datos estean ben expresados na ficha -especialmente os de contacto-.
Podes remitir o documento asinado ao enderezo da asociación, ou escaneá-lo e enviá-lo a .
A secretaria da Asociación porá-se en contacto contigo para confirmar a alta e inscrición no libro de sóci@s... e xa está!SÓCIO NUMERÁRIO- CUOTA ANUAL
- 20 €
SÓCIO COLABORADOR- CUOTA (mínima): 50 € / Anual
- CUOTA (média): 30 € / trimestral
- CUOTA (superior): 50 € / trimestral