Pandeireta e canto tradicional III

Fin de matricula 17 Setembro 2017

Luns
20:30 a 22:00
30 ses. 90 mins 12 0
20€ Socios +5€ non socios

Matrícula fechada
  • Anaïs Barbier

    Anaïs Barbier

    Pandeireta e canto tradicional
    • • Aula de perfeizoamento de pandeireta e canto tradicional. O alumnado traballará montaxes musicais baseadas no tradicional, que serán incluidas no repertório oficial da asociación. Ademais de ampliar o repertório de recursos melódicos e rítmicos mediante a aprendizaxxe de pezas, incorporará-se ao temário material e recursos doutras zonas diferentes das estudadas previamente. O alumnado deberá mellorar o seu funcionamento en grupo (igualamento de arranxos, correcta colocación vogal e igualamento da técnica na pandeireta, etc...)

      • Nesta aula aprenderá-se aos alumnos o repertório básico da asociación, ademais das pezas do temário. O profesor/a ofrecerá puntualmente -aos alumnos que cumpran os requisitos- a participación nas actuacións de carácter tradicional da Asociación Cultural Trépia; para o cal @ alumn@ deberá participar en -como mínimo- dous ensaios do grupo oficial da asociación.
    • O alumnado poderá participar, se @ profesor/a o considera, nas seguintes actividades complementares:
      - Actuacións magosto
      - Cantares de reis
      - Roteiros e actuación da Aña Urbana
      - Actuacións fin de curso
    • 2, 9, 16, 23 e 30 outubro;
      6, 13, 20 e 27 novembro;
      4, 11 e 18 decembro;
      8, 15, 22 e 29 xaneiro;
      5, 19 e 26 febreiro;
      5, 12 e 19 marzo;
      9, 16, 23 e 30 abril;
      7, 14, 21 e 28 maio.
    Pandeireta e canto tradicional III

    Perfeizoamento III

    Como funciona

    Unha vez cuberta a tua inscrición, recibirás a confirmación via correo electrónico.
    Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores. Se este é o teu caso, por favor fai a inscrición na quenda que che foi notificada por e-mail anteriormente.
    Máis información

    Voltar aos cursos