Skip to main content

Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

30 setembro

31
sesións
60
Min
7
Prazas

Gaita

  • Método

    No curso de gaita dará-se a coñecer o repertório tradicional de gaita galega a través da escoita activa e reproducción das melodias a través do canto (nun primeiro achegamento) para logo interpretá-las coa gaita.

    No caso de que o alumno non teña coñecementos musicais de ningún tipo, traballarán-se primeiro conceptos esenciais coma o ritmo e a entonación, sempre dun xeito creativo e divertido.
    Unha vez co instrumento nas mans, traballará-se sobre os principais parámetros da música directamente relacionados co instrumento e co própio repertório como material didáctico:
    • O son, directamente relacionado coa afinación e a presión do fol.
    • A técnica, directamente relacionada coa articulación e o fraseo.
    • O estilo; a combinación de todos os parámetros anteriores e máis (ornamentación, vibrato, etc.)

    • Existen duas modalidades nas aulas de quendas: unha sesión conxunta (2-3 persoas) de 60 min., ou ben unha sesión individual de 30 minutos.
    • A aprendizaxe baseará-se na exposición teórico-práctica por parte do profesor, apoiando-se en partituras e outros recursos, na práctica individual e no posterior traballo en grupo.
    • O traballo en grupo poderá-se ver reforzado con aulas de Conxunto Instrumental xunto co alumnado doutras especialidades.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS MARTES:
    • 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro;
    • 7, 14, 21 e 28 de novembro;
    • 5, 12 e 19 de decembro;
    • 9, 16, 23 e 30 de xaneiro;
    • 6, 20 e 27 de febreiro;
    • 5, 12 e 19 de marzo;
    • 2, 9, 16, 23 e 30 de abril;
    • 7, 14, 21 e 28 de maio;

     

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

FOLLA DE INSCRICIÓN
A matricula remata o: 30 setembro
Folla de matrícula
Gaita