Skip to main content

Matrícula Aberta
Fín de matrícula:

30 setembro

31
sesións
60
Min
7
Prazas

Acordeón diatónico

  • Método

    A aula de acordeón diatónico proporcionará progresivamente, adaptando-se ao ritmo de aprendizaxe de cada alumn@, as ferramentas precisas para acadar solvéncia e autonomia no manexo do instrumento a través de exercícios, repertório específico para diatónico procedente de Galiza e doutras partes do mundo, acompañamento, harmonia, patróns rítmicos e interpretación en conxunto.

    • Aula de acordeón diatónico por quendas (1 quenda semanal de 60 min.)
    • Cada quenda terá un máximo de 2 alumnos/as, organizadas por niveis. Existen duas modalidades de aula, que o/a profesor/a poderá ofrecer ao/à aulumna/o en función das necesidades de aprendizaxe: Unha sesión conxunta (2 persoas) de 60 min.; ou unha sesión individual de 30 min.
    • Os agrupamentos finais das quendas serán acordadas co alumnado pol@ profesor/a durante as primeiras semanas do curso.
  • Actividades

    O alumnado desta aula poderá participar en diversas actividades complementares organizadas pola A.C. Trépia, como:

    • Actuacións magosto
    • Cantares de reis
    • Roteiros da Aña Urbana
    • Actuación fin de curso

    Estas actividades teñen carácter voluntário, aínda que as consideramos un importante complemento formativo.

  • CALENDÁRIO DE SESIÓNS

    • AULAS LUNS:
    • 2, 9,16, 23 e 30 de outubro;
    • 6, 13, 20 e 27 de novembro;
    • 4, 11 e 18 de decembro;
    • 8, 15, 22 e 29 de xaneiro;
    • 5, 19 e 26 de febreiro;
    • 4, 11 e 18 de marzo;
    • 8, 15, 22 e 29 de abril;
    • 6, 13, 20 e 27 de maio;

  • AULAS MÉRCORES:
  • 4, 11, 18 e 25 de outubro;
  • 8, 15, 22 e 29 de novembro;
  • 13 e 20 de decembro;
  • 10, 17, 24 e 31 de xaneiro;
  • 7, 21 e 28 de febreiro;
  • 6, 13 e 20 de marzo;
  • 3, 10, 17 e 24 de abril;
  • 8, 15, 22 e 29 de maio;

  • Instruccións e funcionamento

    ALUMNADO DOUTROS ANOS:

    Se xa estabas na escola Trépia no curso pasado, será suficiente con que cubras o formulário de renovación.

     ALUMNADO DE NOVA INSCRICIÓN:

    Se é a tua primeira vez connosco, debes cubrir a FOLLA DE INSCRICIÓN que atoparás máis abaixo. Ao rematares, recibirás nun mail a información para confirmar a tua reserva ingresando ou transferindo o importe da cuota anual de sóci@.

    Unha vez abonada a cuota anual (30 €), terás xa confirmada a tua reserva de praza.

  • FOLLA DE INSCRICIÓN
    A matricula remata o: 30 setembro
    Folla de matrícula
    Acordeón diatónico