FAQ - Inscrición na escola

Inscrición por vez primeira:

Cubre completamente o formulário de inscrición con todos os teus datos, marcando a(s) aula(s) na(s) que te queiras matricular. Atoparás a ligazón na ficha de presentación de cada cursos, na sección Escola da web.
Unha vez cuberta a tua inscrición, recibirás a confirmación via correo electrónico.
Finalmente, para confirmar a tua asistencia ao curso deberás cubrir a ficha de inscrición, onde terás que achegar os teus datos persoais e bancários para a domiciliación das cuotas mensuais do curso.
Se queres, podes descargá-la nesta ligazón e traé-la cuberta à primeira clase; inda que se non o fas xa, o/a profesor/a achegará-vos cópias para cubrirdes.

Teño que ser sóci@ para asistir às aulas?

Non é necesário, mais sendo sóci@ terás un desconto adicional no prezo. Para facé-lo, terás que cubrir tamén a ficha de sóci@ da A.C. Trépia e pagar a cuota anual correspondente (neste momento, 20 € anuais). Aqui podes consultar toda a información relativa a este tema.

Como se fai o pagamento dos cursos?

O recibo mensual do pagamento das aulas será domiciliado no número de conta que facilites na ficha de inscrición (ou na ficha de sóci@, de ser o caso).
A ficha de inscrición, con todos os teus datos, deberá ser achegada à asociación cultural Trépia antes do 6 de outubro. Na primeira semana de aulas poderás cubrir a ficha e entregá-la no momento.
Se xa cubriches ficha de inscrición no curso anterior, non é necesário que a achegues de novo

Cal é o prezo dos cursos?

As aulas grupais (pandeireta, pandeiro e baile) teñen un prezo de 25 € mensuais.
As aulas por quendas (diatónico, gaita, percusión, sanfona), 35 € mensuais.
En cada caso, @s sóci@s da A.C. Trépia terán un desconto de 5 € no prezo dos cursos.

Descontos...

Alén das vantaxes para sóci@s, se te matriculas en máis dunha aula terás un 10% de desconto en cada aula extra matriculada (é dicir, a partires da segunda) O desconto aplicarase sempre na aula de menor precio.

Podo acceder directamente às aulas de níveis superiores?

Se non tes claro en cal nível debes facer a inscrición, podes indicá-lo no formulário, no campo "Mensaxe". Se tes calquer dúbida, podes escreber a , indicando no asunto do mail "inscrición".
Se és nov@ na música tradicional recomendamos-che as aulas de iniciación, de nível básico.

Como funcionan as aulas por quendas?

As aulas por quendas son de menor duración (60 min.), mais tamén en grupos máis reducidos (máximo 3 persoas); co cal o alumnado accede a unha formación máis individualizada, e adaptada ao seu nível e velocidade de aprendizaxe. Nesta modalidade imparten-se as aulas de Gaita, Percusión, Acordeón Diatónico, Sanfona e Acompañamento.

E as aulas grupais?

Nas aulas de canto tradicional e baile os agrupamentos son de 12 persoas por aula, para tratar de respectar o carácter grupal das formacións tradicionais. As sesións son máis longas (90 min.), mais o proceso de aprendizaxe realiza-se de xeito coral (grupal).
Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores.

Estiven o curso pasado matriculad@ na escola. Teño que repetir a inscrición?

Non é necesário que cubras de novo a ficha de inscrición cos teus datos, mais si precisamos que fagas a inscrición co formulário da web, para confirmarmos a tua continuidade e reservar as prazas necesárias. Nas aulas grupais (agás nas quendas de "básico" ou "iniciación") hai un número de prazas reservado para o alumnado de anos anteriores. Se este é o teu caso, por favor fai a inscrición na quenda que che foi notificada por e-mail anteriormente.