AÑA URBANA 2019

10 anos arando asfalto...

Faltan só:
días horas min. segs.
Se queres consultar a programación da Aña Urbana para este ano, estás no lugar correcto!

Sachos ao lombo!

A Aña Urbana fai este ano 10 anos xa, e queremos celebrá-lo cunha programación moi especial que virá inzada de novidades e sorpresas...

Iremos desvelando todo ao seu debido tempo, conforme se vaia confirmando a programación. Nesta páxina podedes consultar todos os avances do programa.

    Programa:

    Sorteo da orde de actuacións 11:30h.

    No posto da A.C. Trépia dentro da carpa realizará-se un sorteo para asignar as paradas do roteiro aos grupos participantes.

    Roteiros 12:00h.

    Todos os grupos participantes formarán unha comitiva que percorrerá estas paradas (se o número de participantes for maior que 5, habilitaremos o segundo roteiro):

    • ROTEIRO 1:12:00h. CARPA (saída) – 12:25h.
    • PEREGRINA – 12:50h. CURROS ENRÍQUEZ – 13:15h.
    • ABASTOS – 13:40h. LEÑA – 14:05h. CARPA (chegada)
    • ROTEIRO 2:12:00h. CARPA (saída) – 12:15h.
    • ABASTOS – 12:50h.
    • LEÑA – 13:15h. PEREGRINA – 13:40h.
    • CURROS ENRÍQUEZ – 14:05h. CARPA (chegada)
    GRUPOS INSCRITOS:
    • Estraloque (A.VV. Emilio Crespo de Navia),
    • Estreliñas (Tomeza)
    • Escola A.C. Trépia
    Entrega do prémio "Roteiros da Aña Urbana 2019" 14:20h.

    Unha das novidades desta edición 10º aniversário será a entrega dun prémio à mellor actuación dos roteiros da Aña Urbana. O xurado estará composto pola Xunta Directiva da A.C. Trépia.

    Pausa xantar 14:30h.

    Pausa para desfrutar dos postos de xantares que se colocarán na carpa.

    Obradoiro de regueifa 16:00h.

    Con Felipe de Dodro e Rato de Poio.

    Descobre os segredos da improvisación de estrofas, cun obradoiro-demostración en aberto.
    Obradoiro de toques de leghón e baile do ramo 18:00h.

    En aberto, para tod@s @s que queirades participar.

    18:00h. - 18:30h.: Obradoiro de toques de leghón, con Xandre Outeiro
    18:30h. - 19:00h.: Obradoiro do baile do ramo, con Miguel Sotelo
    Bailescribindo por fin! 19:00h.
    Prsentación práctica dos Bailegramas, con Serxio Cobos.
    Entrevista CRTVG
    Serán da Aña Urbana 21:30h.

    Abrirán o serán Rexubeiras, seguidas das pandereteiras SOLIMÁN, da escola da A.C. Trépia.
    De aí en diante... inscricións para participar, no momento!

    LOCALIZACIÓNS DA AÑA URBANA 2019

    Podes ver as localizacións das paradas do roteiro, a carpa da Aña Urbana e outras ubicacións de interese do evento

    Tamén che pode interesar

    Inscrición grupos participantes

    Se estás nun grupo e queredes participar nos roteiros da Aña Urbana, só tedes que cubrir o formulário de inscrición:

    Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter información estatística sobre a navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa a navegación, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí (ligazón á páxina de cookies).