Aña Urbana

Desde o ano 2010 a Asociación Cultural Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao ciclo das labradas (meses de abril e maio). Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como Luís Prego, Carlos Álvarez ou Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.

HISTORIAL DE GRUPOS PARTICIPANTES

2010

  • Pandereteiras Almuinheira (A.C. Almuinha, Marín)
  • Pandereteiras do Suído (A Lama)

2011

  • Conferéncia: Luis Prego + Pandereteiras de Toutón
  • Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)
  • A.C. Retrouso (Bueu)
  • Grupo de baile da A.C. Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • Os Saramagos (Redondela)
  • Maghúa pandereteiros (A Coruña)
  • Pandereteiras As Tarambainas (Vigo)
  • A.C. Seixebra (Moraña)

2012

  • Conferéncia: Xandre Outeiro. Presentación dos "Cadernos da aña"
  • Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

2013

  • Conferencia Carlos Álvarez + Pandereteiras de Gargamala e A Ermida
  • Pandereteiras do Suído (A Lama)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
  • Pandereteiras As Tarambainas (Vigo)
  • Escola da A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)
  • Tanxedoras (Vigo)

2014

  • Pandereteiras do Suído (A Lama)
  • A.C. Peis d'hos (Cangas)
  • Pandereteiras Ghandainas (Alcabre)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

2015

  • A.C. Peis d'hos (Cangas)
  • Pandereteiras Ghandainas (Alcabre)
  • GBMT Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

2016

  • A.C. Peis d'hos (Cangas)
  • Pandereteiras Ghandainas (Alcabre)
  • A.C. Pousos da Area (Marín)

2017

  • A.C. Peis d'hos (Cangas)
  • Pandereteiras Ghandainas (Alcabre)
  • A.C. Pousos da Area (Marín)
  • A.C. Trébede (Marín)

AVANCE DA PROGRAMACIÓN: AÑA URBANA 2018

19 MAIO: Praza do Concello (Pontevedra)

  • AÑA URBANA
    • 11:00h.: Apertura da carpa e da Mostra de Ofícios tradicionais(Praza do Concello)
    • 12:00h. - 14:00h.: Roteiros dos grupos participantes polas ruas e prazas do centro histórico de Pontevedra
    • 14:30h. - 17:00h.: Pausa xantar
    • 18:00h. - 19:00h.: Presentación do libro-CD "Mulleres de Gharghamala!", con intervención das informantes
    • 19:30h. - 20:30h.: Actuacións grupos convidados
    • 21:00h.: Actuación A.C. Trépia
    • 21:30h. - feche: Serán da Aña Urbana 2018

    Tés un grupo e queres participar?

    Se queres inscribir un grupo ou escola para participar nos roteiros pola cidade, podes cubrir o formulário de inscrición clicando no botón de abaixo.

    O único necesário é que interpretedes repertório relacionado coas labradas (cantares da aña e baile do ramo), mais desde Trépia deixamos á vosa escolla o xeito no que o queirades facer: con roupa tradicional ou de rua, só música ou música + baile, reprodución de estilos tradicionais ou interpretacións innovadoras... Todo ten cabida na Aña Urbana!

    FORMULÁRIO GRUPOS