Actividades A.C. Trépia
Actividades durante o curso
Ao longo do ano a asociación desenvolve diferentes actividades fóra da escola, que procuran a difusión e recuperación de moitas tradicións vencelladas ao ciclo do ano. Asi pois, comezamos o curso en pleno ciclo do outono (esfolladas do millo, magostos, etc...), continuamos cos cantares e danzas de nadal e reis -no ciclo de nadal-; e entrada a primavera comezamos o ciclo das labradas (cantares de arada, sementeira, etc...) que remata coa celebración da Aña Urbana cara a finais do mes de abril.
e ademais...
A asociación tamén participa e colabora con outros colectivos en diversos eventos: outros magostos, foliadas, seráns, actuacións dos grupos da asociación, etc... Temos participado vários anos na Romaria do Raigame (Vilanova dos Infantes) e en festivais doutros grupos, como Muiños de Oliveira (Ponteareas) e Retrouso (Cela). Podes ver o historial e álbumes de imaxes destes eventos na sección BITÁCORA desta web, e tamén nas redes sociais.