3ª fase Asturies

ENCONTROS COAS CULTURAS TRADICIONAIS PENINSULARES

2ª edición dos encontros... na 3ª fase.

Nesta ocasión visitan-nos Ramsés Ilesies Fernández, Paulino Santirso e María Vázquez. Apresentarán-nos repertório de cantares e bailes de Asturies (zona centro, oriente e occidente)

 

3ª fase??

Logo de dar-lle moitas voltas demos en pensar que, de certo, unha primeira fase (cando menos para nós) consistiu na recolleita e análise das distintas músicas tradicionais que atopamos no noso entorno máis cercano. Logo deu-nos a lideira de que aqueles repertórios debían ser difundidos, ensinados en escolas de música tradicional e consolidados na sociedade contemporánea como parte fundamental da nosa idiosincrásia. A nosa escola foi a segunda fase...

Por fin, apresentamos este proxecto -que pretende ter continuidade-, chamado "3ª fase" porque nesta nova etapa imos tentar abrir horizontes, botar unha ollada máis aló de Galiza para comprendermos mellor os contextos (ou máis ben entornos) socioculturais no que nós mesmos como cultura nos enmarcamos.

Benvidos aos "encontros na 3ª fase" da Asociación Cultural Trépia.

PROGRAMA: (SÁBADO, 12 DE DECEMBRO DE 2015)

Alcuentros coles cultures tradicionales peninsulares: Asturies

Mañana (11:00-13:30):

  • Presentaciones y averamientu a la música y el baille asturiano: resume de la xeografía musical asturiana.
  • Taller de pandereta asturiana: zonificación, principales toques y repertorios.
    • Fastera oriental:
      • Toques rituales nes fiestes (enrames, h.ogueras y ramos).
      • Bailles rituales: pericote y corri-corri.
    • Fastera central:
      • Toques de pandereta pal baille a lo suelto: lo suelto, lo llixero y la muñera.
      • Toques de pandereta pal baille a lo garrao.
    • Fastera occidental:
      • Toques de los vaqueiros d’alzada (brañas de L.lubarca ya Tinéu): la media vuelta, la gal.legada ya l’araña.
      • Toques del suroccidente:
        • Concechu’i Cangas (pandeiru cuadráu): toques rituales (ramos ya bodas) ya toques pal bail.le (son d’arriba, jota ya valse).
        • Concechu’i Degaña: repertoriu cunqueiru (bail.le, jota, muñeira ya amudar).

Tardi (17:00-20:00):

  • Taller de baille tradicional asturiano:
    • Fastera oriental: danza / jota / gallegada.
    • Fastera central: danza / jota / llixeru-saltón / muñera.
    • Fastera occidental:
      • Vaqueiros d’alzada: media vuelta / araña.
      • Suroccidente: son d’arriba (con toque de castañuelas).
      • Cunqueiros: jota / amudar.

NOTAS:

- As inscricións farán-se exclusivamente a través do e-mail , PREFERENTEMENTE para sócios da A.C. Trépia ata o 19 de novembro. Os non sócios poderán face-lo nun prazo ampliado até o 9 de decembro.

- Notificará-se aos asistentes por mail o xeito de pagamento no momento de faceren a inscrición

- O prezo (15 € para sócios da A.C. Trépia, e 18 € para os non asociados) inclue a asisténcia a todas as aulas e obradoiros.

Podes consultar aqui o dossier da anterior edición.

E aqui, o evento creado no Facebook para esta ocasión.

Tags: 3ª fase,, asturies,, asturias,, trépia,